Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de FOZ insta ao alcalde a “axilizar” os trámites sobre a construción da residencia

O Grupo Municipal Socialista de Foz insta ao Alcalde a axilizar os trámites para a construción da Residencia de maiores e o Centro de día

Recentemente o Alcalde focense anunciou publicamente o investimento de 60.000 euros por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na contratación dun Proxecto para a construción da Residencia de maiores e o Centro de día de Foz.

Dende o Grupo Municipal Socialista queremos amosar a nosa preocupación ao respecto, pois nos parece cando menos paradóxico que, despois de case dous anos de goberno do Partido Popular en Foz, e tras rexeitar os 35.000 euros que se ofreceron no seu día pola Deputación Provincial para a redacción de dito proxecto, sigamos no mesmo punto, e non contemos máis que cun Anteproxecto e cun presuposto insignificante.

Claro está que, como a propia Conselleira de Traballo e Benestar, Dona Beatriz Mato, recoñeceu aos veciños de Ribadeo na reunión que mantiveron recentemente, a Residencia de Foz vai para largo, o cal nos parece lamentable.

Os Socialistas de Foz cremos que os nosos veciños merecen algo máis, por iso, instamos ao Alcalde e ao Equipo de Goberno Local a dar prioridade aos intereses dos focenses por riba das directrices do seu partido, e, do mesmo xeito, a apoiar as emendas do grupo parlamentario socialista aos presupostos da Xunta, que contemplan dúas partidas para a Residencia de maiores e Centro de día de Foz, unha de 300.000 euros e outra de 350.000 euros. Emendas que, de aprobarse, farían posible o inicio dunha obra tan necesaria e tan demandada no noso concello.

Exit mobile version