Site icon Crónica3.com A Mariña

O Viveiro FSF non logra encadear a súa cuarta vitoria consecutiva ó perder fronte ó FSF Lucense

FSF Lucense 3 – Viveiro FSF 2

Lucense.: Carmen, Iria, Nuria, Cristina, Estefania. Tamén Xogaron.: Bea y Diana

Viveiro.: Diandra, Xiana, Nerea, María Balsa, Rocio. Tamén Xogaron.: Conchi, Raquel, Patricia Andrea e Goretti.

Goles.: 1-0 Nuria; 1-1 Xiana; 2-1 Bea; 3-1 Cristina; 3-2 Patricia

Non puido ser e o Viveiro non logrou encadear a súa cuarta vitoria consecutiva no 2013 e perdeu en Lugo diante da Lucense, nun partido nas que as xogadoras locais despregaron un xogo tosco e sen apenas xogadas combinativas, acompañado dunha dureza defensiva permitida en todo momento polo colexiado, que pese as tres cartulinas amárelas amosadas as locais, estivo moi comtemplativo con xogo brusco e continuas fallas de respecto das xogadoras lucenses que se adicaron, tanto dende dentro do terreo de xogo, como dende o banquillo, a provocar as xóvenes xogadoras viveirenses, co fin de sácalas do partido e levalas ao seu tipo de xogo.

O partido comezou con control do xogo por parte do Viveiro, que pese a presión local conseguía combinar e achegarse a portería local con certo perigo, e unha lucense que se adicaba a colgar balóns e tirar a porta dende lonxe, aproveitando os saques de esquina e bandas próximas a portería defendida por Diandra, para crear certo perigo cos seus disparos. Foi nun destes tiros tras saque de banda como acadaron adiantarse no marcador por medio de Nuria. O gol non fixo cambiar a tónica desta primeira metade e o Viveiro seguía levando o peso do partido, sendo Xiana ao saque dun córner, en xogada de estratexia, que acadaría o empate con que remataría a primeira metade.

Na segunda parte foi cando a lucense despregou toda a súa agresividade e o seu xogo físico, con continuas faltas, empuxóns e outras malas artes, das que son maestras, levando a desesperación das viveirenses ante a permisidade arbitral coas capitalinas.
Todo isto provocou un xogo moi trabado, con continuas interrupcións, que conseguiu sacar as xogadoras viveirenses do encontro, o que foi aproveitado polas locais para adiantarse no marcador e poñer o 3-1 mediada a segunda metade. A partires deste intre o partido trabouse aínda mais, con perdas de tempo por parte das locais, que aproveitaban calquera xogada para deixarse caer ao chan e perder tempo, ante a impotencia das xogadoras do Viveiro que nese momento xa estaban mais preocupadas de protestar as xogadas que de xogar ao fútbol sala.
No último minuto, e noutra xogada de estratexia ao saque dunha falta, Patricia establecida o 3-2 definitivo.

Exit mobile version