Site icon Crónica3.com A Mariña

O Viveiro FSF perdeu por 3 a 4 fronte ao Quiroga na Liga provincial feminina

De novo os últimos minutos do encontro volveron ser crueis para o Viveiro, que deixou escapar o que podería ser un triunfo ante un dos equipos punteiros da categoría, xa que a falla de dous minutos para o final do encontro gañaba 3-2.

O encontro comezou con un Viveiro dominador do balón e que combinaba con facilidade diante dun Quiroga que esperaba a contra e a penas inquedaba a meta defendida por Diandra. Nunha xogada ven levada Xiana adiantaba no marcador ao Viveiro que seguía levando o peso do partido ante as visitantes que a raíz do gol encaixada adiantaron un pouco mais a súas liñas e lograban empatar o partido mediada a primeira parte. O Viveiro tiña mais problemas para sacar o balón xogado, pero tampouco pasaba apuros en defensa, e de novo, Xiana aproveita unha contra para volta a adiantar as locais, que encaixaban o empate a douses nun erro defensivo case ao final da primeira parte.

A segunda parte comezou co a tónica da primeira, cun Viveiro presionando en toda a cancha e sen pasar excesivos apuros, o que propiciaba continuas ocasións sobre a meta visitante, que unhas veces os paos e outras as intervencións da porteira visitante, xunto ca falla de finalización das locais, facía que as táboas se seguiran mantendo no marcador, ata que Nerea marcou aproveitando un rexeite dentro da área.

Con 3-2 o Quiroga subiu liñas e o Viveiro non soubo aproveitar as súas ocasións a contra, e dúas perdas de balón nos últimos dous minutos, foron aproveitadas polas visitantes para levarse o partido.

En definitiva, bo partido o visto no Pavillón Antonio Tarrío por parte de dous equipos que quixeron dende o primeiro minuto xogar ao fútbol sala, e unha mágoa que se volvan a escapar uns puntos moi merecidos e traballados por parte das locais, as cales no deben caer na desesperación por que os resultados non acompañen o bo xogo despregado nos últimos encontros, e terán que seguir traballando para non perder esa liña de bo xogo e mellora que levan nesta tempada, na que ningún equipo demostrou ser superior a escuadra Viveirense.

Viveiro.: Diandra, Nerea, Xiana, Rocío e María Balsa. Tamén xogaron: Raquel, María Inusa e Andrea

Quiroga.: Patricia, Samantha, Isabel, Sabela e Alba. Tamén xogaron: Paula, Carolina e Antía.

Goles.: 1- 0 Xiana; 1-1 Alba; 2-1 Xiana; 2-2 Sabela; 3-2 Nerea; 3-3 Sabela; 3-4 Carolina.

Exit mobile version