Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas veteranos do CD Egovarros-Viveiro conseguiron 26 medallas no Campionato Galego de Pista Cuberta

Jesus Bernal y Fernando Ramos26 MEDALLAS ACADARON OS ATLETAS VETERANOS DO C.D. EGOVARROS-VIVEIRO NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA

O pasado domingo celebrouse nas instalacións de Riazor (A Coruña), o Campionato Galego de Pista Cuberta de veteranos cunha masiva participación de atletas de todos os clubs Galegos, o campionato celebrouse en xornada de mañá e tarde, dando comenzo ás 11 da mañá e rematando ás 20 horas da tarde. Un ano máis os atletas da entidade vivairense demostraron estar entre os mellores de Galicia acadando 11 medallas de ouro, 9 de prata e 6 de bronce.

Entre os atletas que subiron ó podio están: Antonio Cabana que se fixo con 3 ouros na categoría de M70 nas probas de 400, 800 e 1500 metros; Antonio Hernández en M65 foi ouro en 3000 e 800 e bronce en 400 metros; Jesús Bernal M65, acadou 3 pratas nas probas de 400, 800 e 1500 metros; Fernando Ramos M65, fíxose co ouro en 1500 e prata en 50 metros; Francisco Barrientos M55 acadou duas pratas nas probas de 200 e 50 metros; Anxo Vigo M55 foi prata en peso e bronce en salto de lonxitude; Fermín Pan M55 foi bronce en 3000 metros; Emilio Martínez M50 acadou o ouro en 3000 metros; Andrés Piñón en M40 acadou o bronce en 3000 metros; Alejandro Carril M35 foi bronce nos 800 metros.

Na categoría feminina Begoña de Arriba en W55 fíxose con tres ouros en 1500 metros, 50 metros e lanzamento de peso; Francisca Romasanta W60 obtivo o ouro nos 800, prata en 400 e bronce nos 200 metros; Isabel Brea W60 foi prata nos 800 metros.

A próxima competición na que participarán os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro será o vindeiro domingo no Campionato Galego de Cross de veteranos no Monte do Gozo en Santiago de Compostela.

Exit mobile version