Site icon Crónica3.com A Mariña

“Os Sendeiros” de Foz

265044_571346339561396_1829632512_nO pasado 20 de xaneiro a asociación “Os Sendeiros” de Foz realizou unha ruta por terras do Concello de Xove, Desde Morás á praia de Esteiro. A próxima será a “Ruta: Río Mandeo, Chelo-Betanzos” o domingo 24 de febreiro. A saída será ás 8.30 da mañá. O prezo para socios é de 25 euros e para non socio de 30 euros (viaxe e xantar incluído). Para anotarse ata o xoves día 21 nos teléfonos 670.36.90.17 ou 696.23.60.20. Tamén no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Recomendan levar equipo de sendeirismo e sinalan que a dificultade é baixa. Tamén indican que se pode anotar para a “Ruta do socio” ata o vindeiro 9 de marzo xa que as prazas son limitadas. Máis información en www.ossendeiros.es.

Exit mobile version