Site icon Crónica3.com A Mariña

Os equipos de base do CD Foz non acadan ningún triunfo na última xornada

Mala xornada dos equipos base do C.D.Foz esta fin de semana. Ningún dos tres equipos conseguiu acadar os tres puntos en xogo. Así os INFANTÍS da liga galega arrancaron un empate a un gol en Lugo fronte a Residencia. Antón foi o goleador focego. Os XUVENÍS que xogaron en Malates o sábado pola tarde ante o Praia de Covas caeu derrotado por 0-2, perdendo bastantes opcións de acadar o título xa que queda a catro puntos máis o gol average en contra. Pola súa parte os CADETES de Oke acadaron a súa primeira derrota ante o Ribadeo o domingo pola mañá. Partido disputado nun pésimo terreo de xogo que non beneficia para nada o xogo dos lideres da competición. O 2-1 foi o resultado final anotando Pablo Insua o único gol blanquivermello. Esperemos que a vindeira xornada se dea moito mellor.

Exit mobile version