Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras no Picato

P1140550Nun día cun tempo excelente, que permitiu apreciar toda a a beleza paisaxística desta ruta, os sendeiristas de Pasada das Cabras fixeron a ruta da subida a O Picato, no Concello de Trabada. Desde o monte Picato (743 m), pertencente á Serra de Cadeira, pódese contemplar unha vista de 360º que abarca o val de Lourenzá, a serra de A Toxiza, A Frouxeira e a Cornería, a serra do Cadramón, a costa de A Mariña, parte da costa occidental de Asturias e gran parte do extenso Concello de Trabada. Para finalizar repuxeron forzas cun cocido nun restaurante de Trabada.

Exit mobile version