
O vindeiro 17 de febreiro a asociación de sendeirismo “Paso Miúdo” fará a ruta Seimeira de Vilagocende (A Fonsagrada). Trátase da seimeira máis alta de Galicia salvando un desnivel de 50 metros na que, despois de andar, degustaremos o seu cocido. A saída será ás oito da mañá dende a Casa da Cultura de Ferreira. Os prezos para este evento, que inclúen comida e autobús, son de 25 euros para os socios, 30 euros para os non socios e 15 euros para os nenos e nenas de ata 12 anos. Todas aquelas persoas que desexen participar deberán apuntarse antes do xoves 14 nos teléfonos 982 574 741 ou 982 575 127 ou a través de pasomiudo@gmail.com.