Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias define o libro “Balbordo de lembranzas mindonienses” como un exemplo de cultura popular

RAQUEL ARIAS SINALA QUE O LIBRO BALBORDO DE LEMBRANZAS MINDONIENSES PLASMA “O MELLOR RETRATO QUE SE PODE FACER DA VILA PORQUE XURDE DAS SÚAS XENTES”

Mondoñedo, 15 de febreiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, participou hoxe na presentación do libro Balbordo de lembranzas mindonienses, que reúne anécdotas da vila rememoradas polos seus veciños.

Arias invitou a “ler con cariño” esta obra que “ten un valor especial” porque plasma “o mellor retrato que se pode facer dunha vila coma Mondoñedo, porque xurde das dúas xentes”. “Nestes textos –engadiu- son veciños os que contan as súas lembranzas e van dando forma a un novo anaco de cultura popular”.

Na mesma liña, a delegada apuntou que “o que define o nivel cultural dun pobo é a disposición da súa xente a crear cultura, e neste aspecto Mondoñedo segue a ser un exemplo”.

Arias explicou que a lectura deste libro “é importante para comprender que o traballo que todos fixemos para chegar a onde chegamos. Grazas ao seu esforzo, ao esforzo de moitas persoas que sufriron a ditadura e que construíron a democracia, hoxe gozamos da maior liberdade e a mellor cobertura social que nunca tivemos”, afirmou.

O acto de presentación tivo lugar no Centro Sociocultural de Mondoñedo, que tamén promoveu a súa publicación. A delegada gabou a actividade que ven desenvolvendo este centro, “xa que –asegurou- todas as iniciativas que levades a cabo teñen unha singularidade que debe ser resaltada”.

Exit mobile version