A asociación cultural de Foz A Pomba do Arco celebra este domingo 10 de febreiro o seu tradicional Touporroutou a partir das nove da noite na Casa da Cultura de Foz. Algúns bares de Foz recolleron en caixas durante dúas semanas as coplas compostas polos veciños e veciñas que serán recitadas no Touporroutou e que se agardan “cargadas de ironía e retranca referida á vida política do Estado español e, sobre todo, da vida política local e social do noso concello”, segundo manifestan dende a asociación.