Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acollerá un acto polos dez anos da Galipedia

A Galipedia, a versión galega da wikipedia, cumpre 10 anos o próximo 8 de marzo. Para celebrar esta historia de éxito do colectivo, o día 9 de marzo e en colaboración con Wikimedia España, celebrarase un encontro central en Santiago, e arredor desa data, diversas actividades en varios lugares de Galicia, entre eles, Ribadeo, onde o 15 de marzo, na Casa da Xuventude, ás 20:00 horas terá lugar unha actividade que constará dunha parte expositiva de presentación da Galipedia e unha parte práctica, obradoiro de introdución ó seu manexo. Cada un dos apartados terá unha duración aproximada dunha hora, e será levada por A. Gregorio, que tamén participará no encontro central de Santiago.

Exit mobile version