O hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro celebra San Valentín con descontos do cincuenta por cento no prezo das súas habitacións dobres. Será o sábado 16 cando as habitacións dobres custarán 30 euros. Ademais, aquelas cinco parellas que fagas as primeiras reservas serán obsequiadas cun dez por cento de desconto en todas as consumicións que realicen no hotel Vila do Val e as cinco seguintes obterán un cinco por cento. O teléfono para as reservas é o 982 57 16 53. As xornadas do cocido do establecemento continúan ata o vindeiro día 24 de febreiro.