O sorteo realizarase durante un programa de Radio Foz (107.4 FM) que se emitirá en directo o 26 de abril, venres, ás doce do mediodía.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, explica que “decidimos facer esta segunda ruta dos viños porque o ano pasado tivo unha boa acollida entre o público. Deste xeito queremos ir consolidando pouco a pouco aquelas actividades que organizamos e que axudan a fidelizar a clientela”. E anima “a todo o mundo a darse unha volta por Foz. Teñen un mes para selar a tarxeta en todos os locais da ruta e así poder entrar no sorteo dos vales en compra que poñemos en xogo”.
Locais participantes
Os 29 locais hostaleiros participantes son A Eskina, A Funcional, A Maseira, A Rambla, A Rula, A Viña, Bar A Bolera, Bar Acuario, Bar O Chícaro, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Namarinos, Pizzería Xoíña, Pub O Atabal, Restaurante As Brasas, Restaurante Bar O Lar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Mar, Restaurante O Tangarte Mariñeiro e Restaurante Portochico