Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ aclara que votará a favor do presuposto sempre que se traballe nun “documento serio”

UNIFOZ, ante as declaracións feitas polo Sr Alcalde de Foz, temos que aclararlle aos veciños que si alguén minte aos veciños será o propio Alcalde, pois queremos recordarlle:

Que prometeu ese súper Porto para Foz?

Que dixo que o dragado do Porto xa estaría feito?

Que se comprometeu a pactar as bases dun plan de emprego coa corporación (segundo consta en acta de pleno)

Que dixo que non pagaría a parte da RPT aos traballadores municipais ?

E poderiamos seguir cun largo etc…..

Como é que gastaron en festas no ano pasado 129.867,78 €,,,si no presuposto so tiñan 60.000 €, mentres o servizo de Axuda no Fogar estivo en situación precaria, iso non é un engano aos veciños??

Sr Alcalde, UNIFOZ, está en disposición de votar a favor do presuposto sempre que se traballe nun documento serio, e que se comprometa coas necesidades máis urxentes que teñen os veciños/as, os Servizos Sociais, o emprego , é o aforro con fórmulas coma a compostaxe, aforro enerxético, e organización do persoal municipal.

UNIFOZ, tamén quere recordar que foi este grupo, xunto co P.Socialista que presentou unha proposta para debate de un plan de emprego integral, que o PP, non o permitiu, e tamén que o presuposto do ano pasado (2012), que so foi aprobado polo PP, UNIFOZ, votou en contra porque non respondía as necesidades do noso pobo, como ben quedou demostrado, onde o goberno do PP, gastou como lle deu a gana,( en festas, en privatizar servizos….) e o plan de emprego, foi unha auténtica chapuza, sen responder as necesidades que tiña o noso pobo.

UNIFOZ, quere recordarlle ao Sr Alcalde que o acordo plenario da RPT , é vinculante para o presuposto municipal .

UNIFOZ, fará proposta presupostaría realista e dando prioridade ao que realmente é importante, o emprego, e axudar as persoas máis necesitadas,, e de forma moi especial en aforro para reducir a factura de gastos.

Exit mobile version