Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ adianta que non ve posible votar a favor da proposta dos presupostos

UNIFOZ, despois de analizar a documentación entregada polo Sr Castiñeira, e despois de ler as informacións publicadas nos medios, onde fala duns presupostos de consenso, temos que manifestar a imposibilidade de que UNIFOZ, poida votar a proposta feita, por considerala unha tomadura de pelo para os veciños.

Si miramos a partida 338 22611 (FESTAS POPULARES), ESTE GOBERNO PRETENDE GASTAR PARA O ANO 2013 100.000 €, algo totalmente inxustificable e incoherente coas súas palabras diarias de que di que non hai cartos.

O goberno do PP de Foz, no ano 2012, tiña no presuposto aprobado 60.000 € para festas, ao final gastou 129.867,78 €, algo que é de escándalo, na situación actual

Ao marxe do exposto, a proposta de presupostos, non contempla partida para plan de emprego, e o que é máis grave, apenas traballa en aforro , mentres nega a posibilidade de aplicación da RPT aos traballadores municipais.

Tamén resulta difícil de entender como na partida de mantemento e consumo para alumeado público, presupostan 540.000 € (100.000 € máis que o presuposto do 2012), tendo en conta que a metade das luces están apagadas, e teñen o servizo de mantemento de forma ilegal.

Mentres todo isto sucede, vemos como quedou sen gastar unha partida importante no presuposto do 2012 en S.Sociais, e o servizo de Axuda no fogar,,case todo o ano sen cubrir,,, esta é a forma de gobernar do PP de Foz.

Unifoz, quere recordarlle ao Sr Alcalde que o acordo plenario da RPT , é vinculante para o presuposto municipal ,e UNIFOZ non o votará a favor se non se inclúe o cumprimento do mesmo, e non atender o estipulado en ese acordo e motivo de impugnación do presuposto, e UNIFOZ así o fará, sen non se inclúe ese 30 % da RPT.

UNIFOZ, fará proposta presupostaría realista e dando prioridade ao que realmente é importante, o emprego, e axudar as persoas máis necesitadas, e de forma moi especial en aforro para reducir a factura de gastos.

Exit mobile version