Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ denuncia o abandono dos taboleiros do rural

taboleiro-anuncios-fozUNIFOZ, escoitando as queixas dos veciños, ten que denunciar unha vez máis a parálise, descoido, e abandono ao que nos ten sometido este goberno do PP de Foz.

Para que o sr. Alcalde, non nos acuse despois de que é mentira o que dicimos, xuntamos fotos que demostra a situación na que se encontrar algúns taboleiros de anuncios do medio rural.

Tamén temos que xuntar foto do estado en que se encontra un PANEL INTERPRETATIVO que había instalado nos Castros de Fazouro, que a pesar de ser unha das referencias turísticas do noso Concello xa fai tempo que está en este estado, algo que demostra que este goberno non ten nin unha sola preocupación por potenciar turisticamente o noso Pobo a excepción de ir a gastos pagos a Fitur a sacar a foto con xefe de filas do PP.

Por si a todas estas queixas dos veciños, o sr. Alcalde nos contesta que non ten cartos, xa lle dicimos que dos 129.000 € que gastou en festas no ano 2012, seguramente puido sacar algo para facer estes traballos de mantemento.

Exit mobile version