Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presenta unha moción para declarar o Entroido como Festa de Interese Turístico

O empuxe que está tendo o Entroido do noso Pobo, grazas a unha ampla participación local e de outros lugares da Mariña e Asturias, está consolidando coma festa do Entroido por excelencia e de referencia de toda a provincia.

O sábado de Entroido, é xa unha cita fixa para os amantes de esta festa que se desprazan de toda a provincia e de Asturias para desfrutar do colorido, inxenuo, é o bo facer de Comparsas, charangas , grupos , carrozas e persoas en xeral que se suman a festa dunha forma activa.

A maiores deste acto, son outros coma o BAILE DO FAROLILLO, de afincada tradición no noso pobo,o TOUPORROTOU ,CONCURSO DE COPLAS, que fan que esta festa teña a altura e consideración de actos coma o de Lalín, e outros lugares.

Ao logo de todo Galicia, son preto de cen festas declaradas de interese turístico, como poden ser: Festa do Bonito de Burela, Festa da Faba de Lourenzá, Maruxaina , Festa do Ourizo e Queimada en Cervo, Cocido de Lalín, Naseiro ,Semana Santa en Viveiro, e mesmo o San Lourenzo do noso Pobo.

UNIFOZ, entende pois, que é o momento de iniciar os trámites administrativos para que a FESTA DO ENTROIDO DE FOZ, sexa declarada de INTERESE TURÍSTICO, o que pode supoñer para o Entroido de Foz, un empuxe definitivo para conseguir ser unha referencia a nivel nacional.

A declaración de festa de Galicia como de interese turístico levaría consigo a súa inclusión no Plan Galego de Promoción do Turismo a que fai referencia a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal de Unifoz, solicita do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguinte ACORDO:

– A corporación municipal , acordo dar a súa aprobación para declarar a FESTA DO ENTROIDO, como festa de interese turístico.

– Solicitar acordo da Corporación Provincial de apoio a declaración de FESTA DE INTERESE TURÍSTICO.

– Solicitar a Xunta de Galicia, ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA que declare esta Festa como FESTA DE INTERESE TURÍSTICO.

Exit mobile version