Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz solicita a reparación da Ponte Vella no lugar de Fontao e denuncia o “derroche” da auditoría enerxética

2013-02-16 18.08.26O grupo municipal Unifoz presenta a seguinte moción no Concello:

Que no lugar de Fontao, lugar de Ponte Vella, dende fai anos hai unha ponte sobre o río Ouro, en estado ruinoso, e ata perigoso.

Que a mencionada ponte, foi unha importante vía de comunicación para o lugar de Trasmonte (Sta Cecilia).

Que o río Ouro é unha das riquezas paisaxísticas , piscícola, e turístico que ten o noso pobo, e polo que consideramos necesario a súa posta en valor.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal de Unifoz, solicita do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguinte ACORDO:

Solicitude á Xunta de Galicia , Consellería de Medio Ambiente, a reparación integral da Ponte Vella no lugar de Fontao.

Auditoría enerxética

No día de onte o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, presentaba os resultados dunha auditoría enerxética. Unifoz, denuncia unha vez máis o derroche do alcalde e o seu goberno, mentres a maioría dos concellos da provincia se acollen ás auditorías enerxéticas que fixo gratuitamente a Deputación aos concellos, para facer aforro enerxético, o alcalde contratou cunha empresa externa unha auditoría para o Concello de Foz que nos custará a todos os veciños, e seguimos derrochando enerxía. O goberno do PP, de Foz, ten como único obxectivo privatizar e contratar servizos con empresas que lle podían saír gratis aos veciños. Por todo isto, Unifoz presenta as seguintes preguntas:

-Cantos nos custou aos veciños de Foz a auditoría?
-A que empresa se lle encargou a auditoría?
-Cal foi o procedemento de adxudicación da auditoría?

Exit mobile version