José Manuel Moreno Moreno, Seminario Terra de Viveiro; Dolores Fernández Basanta, Coral Polifónica Alborada; Cruz Penso Gato, Asociación Cultural Bágoas da Terra; Jorge Pernas Varela, Centro comercial Casco Histórico; Jesús Fernández Fernández, Colectivo Chilindrín-Penalba e Rosario A. Basanta Gabeiras, como secretaria, conformaban o xurado do concurso de Antroido 2013 de Viveiro.
Despois de presencialo desfile e de facer tódalas deliberacións, fixeron pública a súa resolución na que repartiron os 3000 euros en premios entre algúns dos participantes deste ano.
Na categoría individual fíxose co primeiro premio, 70 euros en vales de compra, “El tren chuchu” e co segundo, dotado con 60 euros en vales, “Bebé a bordo”.
Pola súa banda, “Recortes de Hospital” alcanzaron a primeira posición na categoría de parellas á que pertence un premio de 140 euros en vales. Foron “Tiroleses de Viveiro” os que se posicionaron na segundo praza recibindo 90 euros en vales e, finalmente, “The Colours” foron agraciados con 80 euros en vales correspondentes á terceira posición da categoría.
O grupo “Familia Clow” fíxose co primeiro premio da categoría ao que corresponden 240 euros en vales, mentres que “Geishas y samurais de Aspanane” se fixeron coa segunda posición e 190 euros en vales de compra. O terceiro premio da categoría grupos foi outorgado a “Fóisenos a pinza” que recibiron 140 euros en vales. Así mesmo, entregaron un accésit de 50 euros a “Duendes mágicos”.
Entre as comparsas repartiron 700 euros entre “Los muchachos tiroleses” (300), “Los pierrots de Betava” (250) e “Onu” (150) clasificados en primeira, segunda e terceira posición, respectivamente.
E na categoría de carrozas foi a “Orquesta Xente Nova” a que se fixo co primeiro premio dotado con 500 euros en vales de compra. “El flautista de Hamelin” clasificouse en segunda posición por diante de “La granja de Pepito”. Os primeiros recibiron 300 euros en vales, mentres que os últimos recibiron 200.
Finalmente, o xurado decidiu outorgar dous premios especiais de 120 euros en vales: un a “Guardia civila” polo seu humor e outro a “Explosión musical” pola súa orixinalidade.