Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa en Xove

Os voluntarios de Alcoa San Ciprián organizaron unha xornada de convivencia para que os maiores do Centro de Día de Xove e os nenos do Club de Natación da localidade compartan xogos e experiencias, e así reforzar a relación entre ambas xeracións. A organización deportiva recibirá 3.000 dólares da Fundación Alcoa como apoio a esta iniciativa dos traballadores da fábrica de San Cibrao. Maiores e rapaces e rapazas compartirán o venres día 1 de marzo xogos de mesa, como cartas, parchís dados ou dominó. Tamén escoitarán contos que acerquen as vivencias da Terceira Idade ós máis pequenos, e aproveitarán para bailar ó ritmo do pasodobre, todo co apoio dos voluntarios.

Exit mobile version