
O Secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, participou en Avilés na presentación da feira gastronómica XANTAR 2013 en SALENOR, o Salón da Alimentación e o Equipamento do Norte. O parlamentario popular deu a coñecer no Principado de Asturias unha das citas máis importantes do calendario feiral galego. Xunto a Balseiro participaron o xerente de Expourense, Alejandro Rubín e Carlos Martínez, coordinador do encontro internacional de confrarías gastronómicas de Xantar 2013. O Salón Galego de Gastronomía e Turismo celebrará este ano a súa 14ª edición e ten previsto congregar do 6 ao 10 de marzo a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.