Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada triunfal con resplandor laranxa nas categorías base do Burela FS

As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén pecharon unha xornada triunfal. O resplandor do fútbol sala laranxa impúxose en 8 das 9 citas da axenda da fin de semana.

Na Liga Nacional, os xuvenís regresaron á boa senda, vencendo a domicilio ao Cidade de Narón (1-5). Deporte Escolar tamén tivo brillo laranxa, con dobre vitoria cadete, 2-11 ante a escola de Barreiros e 6-1 sobre o Ribadeo FS; contundente 0-7 infantil na pista do Cidade de Viveiro; outro pleno para alevíns, con 0-3 sobre os barreirenses e 11-0 fronte aos da beira do Eo; e o AD Santiago de Foz, que tamén sucumbiu ás destrezas burelistas en benxamíns. No apartado de amigables, os máis pequenos tamén celebraron o triunfo ante o Cidade de Viveiro.

Non tivo a mesma sorte a ED EON Burela en Liga Autonómica Infantil, que cedeu ante o EDM Verín FS (0-6).

Liga Nacional Xuvenil
Cidade de Narón 1-5 Burela FS

Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS 0-6 EDM Verín

Deporte Escolar
EDM Barreiros Cadete 2-11 Burela FS Cadete A

Burela FS Cadete B 6-1 Ribadeo FS Cadete

Cidade de Viveiro Infantil 0-7 ED EON Burela FS Infantil A

EDM Barreiros Alevín 0-3 ED EON Burela FS Alevín A

ED EON Burela FS Alevín B 11-0 Ribadeo FS Alevín

ED EON Burela FS Benxamín 5-1 AD Santiago de Foz Benxamín B

Amigables
ED EON Burela FS Prebenxamín 6-1 Cidade de Viveiro Prebenxamín

Exit mobile version