Site icon Crónica3.com A Mariña

57 parellas participarán no torneo de Semana Santa do Pádel Club Ribadeo

O terceiro torneo organizado por Pádel Club Ribadeo, que de levará a cabo desde este xoves, día 28, ata o domingo, día 31, contará coa participación de 57 parellas: 33 na modalidade masculina, patrocinada pola imprenta Medias Tintas; 15 na mixta e 9 na feminina, estas dúas últimas co patrocinio da tenda de roupa e accesorios Siete Pecados.

Entre os inscritos para participar nas tres modalidades do torneo hai xogadores de A Mariña e de outros lugares da provincia como Lugo capital, e tamén de Asturias e de Pontevedra.

Ademais, compre destacar que entre as tres modalidades repartiranse premios por un total de 1.300 euros en cheques regalo na tenda Siete Pecados, de Ribadeo

Exit mobile version