Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” comeza a liga de fútbol sala de Feafes Galicia

IMG_4060A Asociación de Axuda ó enfermo mental “ A Mariña”, inicia mañá día 14 de marzo, a liga de fútbol sala co primeiro partido contra Apem Cambre. Así, o equipo A Mariña F.S, viaxará mañá ata Coruña, onde se celebrará dito partido ás 16:00 horas.

Destacar a importancia de facer da xornada deportiva, unha xornada de convivencia; onde tódolos participantes viaxarán dende a primeira hora da mañá, desfrutando , polo tanto, dunha excursión e saída da rutina. Algo que repercute moi positivamente na súa estabilidade clínica.

Dende os Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral “A Mariña”, fomentan a práctica de exercicio, porque as persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica mostran maior vulnerabilidade e maiores factores de risco relacionados, de igual forma, co tratamento da súa enfermidade e cos seus hábitos de saúde.

Polo tanto, tal como afirma a directora técnica xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, a práctica de exercicio físico pode influír de forma positiva na adopción doutras medidas saudables como a diminución ou o abandono do consumo de tabaco e o mantemento dunha dieta equilibrada.

Para rematar, salientar que para o equipo mariñán, por enriba do resultado priman o compañeirismo e a deportividade .

Exit mobile version