Site icon Crónica3.com A Mariña

A décima edición da Ruta das Tapas de Foz contará con 23 establecementos participantes entre o 29 e o 30 de marzo

presentacionTapasFozFoz, 15 de marzo de 2013. Foz acollerá a décima edición da Ruta das Tapas os días 29 e 30 de marzo. O evento está organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e conta coa colaboración, entre outros, do Concello e da Deputación de Lugo.
Serán 23 os bares, mesóns e restaurantes, que durante dous días ofrecerán auténticas exquisiteces da cociña en miniatura ao prezo dun 1 euro a tapa. Os locais participantes son: A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, O Chícaro, O Pelolo, Oiche, Dallas, Express, Happy Days, Anduriña, Xoyma, Casa da Roxa, Fraggle Rock, Leytón, O Tangarte, Xoiña (pizzería), Costumes do Mar, Dandy, O Lar, O Mar, O Tangarte Mariñeiro e Portochico.

O horario no que servirán as tapas será de 13 a 15 horas polas mañás e de 20 a 23 horas polas noites. Un xurado profesional elixirá as tres mellores tapas. Os premios aos gañadores entregaranse na cea do 25 aniversario de ACIA Foz que terá lugar o 25 de abril.

Ruta dos viños
O sábado, 23 de marzo, remata en Foz a segunda edición da Ruta dos Viños na que están a participar 29 establecementos hostaleiros focenses. Entre os clientes que selaron a tarxeta en tódolos locais sortearanse varios premios: o primeiro é de 300 euros en vales de compra e diploma de “Ruteiro Maior”, ao segundo corresponderanlle 150 euros en vales de compra e haberá 4 premios de 100 euros cada un en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes. O sorteo será o 26 de abril.

Por outra banda, o número de socios de ACIA Foz segue medrando. A directiva deulle a benvida a un novo asociado: A Marexada, “coas tapas da cociña de Casa Palmira e as copas de Higinio”.

Exit mobile version