Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades para marzo do Centro de Interpretación Terras do Miño

A programación posta en marcha para o mes de marzo polos responsables provinciais no Centro de Interpretación Terras do Miño comeza cunha conferencia sobre biomímese. Esta ciencia, tamén chamada biomimética, estuda a Natureza coma fonte de inspiración para o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que dean resposta a problemas humanos que o medio natural xa ten resoltas. A xornada informativa estará a cargo de Marta Rois, enxeñeira cun amplo currículo como deseñadora industrial e profesora na Universidade de Tongji (Shangai) e na de Navarra, onde continúa exercendo na actualidade. A vindeira cita será o xoves 21 deste mesmo mes e versará sobre “A educación ambiental coma ferramenta para a conservación do medio natural”. Os interesados en acudir a calquera das actividades divulgativas do Centro de Interpretación só teñen que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente no teléfono 982.22.78.12 ou a través do enderezo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org. A inscrición é totalmente gratuíta.

Exit mobile version