Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de Lugo critica que a Xunta está a igualar os servizos da educación pública e a concertada

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de Lugo (FAPACEL) considera que o comedor escolar é unha necesidade que a estas alturas esta fora de toda dúbida, que é un servizo que debe estar dentro do concepto de educación. Debe ser un servizo que nos axude a conciliación laboral-familiar, pero ademais nun momento de crise como o que estamos non podemos permitir que os que seguimos a pagar “esta crise” sexamos os mesmos.

A medida proposta polo goberno galego é unha auténtica ofensa a escola pública e para o único que vai servir é para igualar os servizos da pública a concertada, se temos que pagar por os servizos tanto na pública como na concertada o final o que van conseguir é que os centros públicos se queden sen nenos e a concertada se siga a beneficiar de unhas axudas que non deberían estar a recibir. Porque temos que pagar uns servizos que xa estamos pagando cos nosos impostos (progresividade impositiva)?

Con esta noticia dos comedores nos están colando outra non menos importante que é a das taxas das ensinanzas especiais e así seguen a privatizar os servizos públicos e a facer que as clases populares non poidamos ter acceso a elas.

De todas formas aínda non nos deron os suficientes paus, pois SEGUIMOS A PAGAR E SEGUIMOS A CALAR.

Exit mobile version