Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Provincial de ANPAS renova a súa directiva con representantes de toda a provincia

O sábado 16 de marzo a Federación Provincial de ANPAS (FAPACEL) celebrou a súa Asemblea Xeral. Nesta asemblea quedou constituída a nova xunta directiva na cal temos representantes de toda a provincia e tanto de CEIP como de IES: Lugo cidade, Burela, Foz, Taboada, Becerrea e Monforte.

Nesta xuntanza debateuse sobre a actual situación da Escola Pública e concidiuse en seguir a traballar en prol dela así como en seguir a traballar contra os ataques que tanto o goberno central como o da comunidade autónoma están a facer para desprestixiar a Educación Pública.

Algunhas das resolucións aprobadas na asemblea de FAPACEL foron:
1.- Denunciar publicamente o excesivo peso das mochilas
2.- Reiteramos a reivindicación da gratuidade dos libros,
3.- Solicitamos que se adianten os exámenes de selectividade de setembro.
4.- Reiteramos a nosa postura cada vez mais clara na defensa do ensino no rural
5.- Manifestamos a nosa postura a favor de non crear centros integrados.
6.- Esiximos a construción de un novo colexio no Sagrado Corazón.
7.- Esiximos que se solucione e se aclare de unha vez a situación do alumnado da ANEXA
8.- Facer público o apoio a iniciativa de Escolas sen wifi.
9.- Apoiamos a iniciativa de manter o uso público do Hospital de San Xosé.

Exit mobile version