A Plataforma de Afectados Polos Abusos do Mercado Eléctrico denuncia que a empresa Iberdrola ten unha débeda coa comunidade de veciños de Rego das Flores que ascende a 5.500 euros desde o pasado mes de decembro.
Iberdrola debe 5.542,50 euros á esta comunidade á que cortou o subministro pese a ter posta unha reclamación na compañía na que solicitaban a devolución duns dereitos de extensión que xa foron abonados no seu día polo promotor da vivenda. O colectivo de veciños tivo que pagar dito recibo para que repuxeran o servizo. A plataforma recorda que posteriormente Iberdrola se viu obrigada a rectificar xa que o cliente tiña a razón e, ademais, tivo que modificar todas as facturas emitidas desde o inicio do contrato xa que se baseaban en lecturas estimadas en lugar de lecturas reais. Así, o 18 de decembro de 2012 a empresa emitiu as novas facturas quedando un saldo a favor da comunidade de 5.542,50 euros. Pese a que a normativa obriga á devolución de dito importe no número de conta do cliente nun prazo máximo de 3 días hábiles, a día de hoxe o ingreso non se efectuou, segundo informando desde a plataforma contra os abusos eléctricos.
O presidente da plataforma, José Luis Moñita, lamenta que a actitude de Iberdrola para devolver diñeiro “non sexa tan efectiva como a que ten á hora de cobralo, reclamalo ou incluso efectuar un corte de subministro”.