Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria Norte súmase á manifestación ‘Abraza o teu hospital’

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria Norte de Lugo decide por unanimidade de todos os seus membros adherirse á MANIFESTACIÓN- ABRAZA O TEU HOSPITAL, convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña para esixir a publicación dun Decreto de Xestión propio para a Área da Mariña e en contra das pretensións da Consellería de Sanidade de baleirar de autonomía ao Hospital da Costa, deixándoo sen capacidade de Xestión e de decisión, desmantelando o conseguido durante 27 anos e destruíndo o Patrimonio Sanitario de todas e todos os cidadáns da Mariña.

“A Sanidade coida de nos, e agora pídenos que “coidemos” dela, por iso facemos un chamamento a todos os traballadores e traballadoras da nosa Área Sanitaria a participar na convocatoria de SOS que terá lugar este sábado día 23 as 12.30 horas no Hospital da Costa de Burela”, explica Adolfo Corral, presidente da Xunta de persoal.

Exit mobile version