Ademais, amosáronse en contra da Conselleira de Sanidade, “por ser parte do engano, da mentira e da falsidade”. A Xunta de Persoal explica manifesta que “levan prometendo que non íamos perder a nosa capacidade de xestión e a nosa capacidade de decisión e agora, veñen aquí, a anunciar todo o contrario, a dicir que vai ser Lugo quen tome as decisións”.
Asemade, piden a dimisión da Conselleira de Sanidade “mentres non cumpran o prometido xa que entendemos que está deslexitimada”.
Logo de levantarse as e os presentes nesa presentación, ao berro de “CONSELLEIRA DIMISIÓN”, a práctica totalidade das traballadoras e traballadores abandonaron o salón de actos, plantando á Conselleira e demais cargos do SERGAS.