Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña organiza as primeiras xornadas de networking na comarca

Academia A Mariña, a través da súa axencia privada de colocación e empresa de recolocación, organiza as primeiras xornadas de networking en A Mariña, que terán lugar o 9 de marzo en Burela.

O director de Academia A Mariña, Ramón Hermida, sinala nestas xornadas, primeiras dunha serie que se irán desenvolvendo ó longo do ano, preténdese, por un parte, recoñecer o esforzo da muller traballadora no seu papel de cotinuadora da empresa familiar. Varias empresarias de A Mariña contarán aos asistentes as súas experiencias na toma de contacto co mundo empresarial obrigadas, case, a tomar as rendas do negocio familiar”.

Hermida engade que “outro dos obxectivos será o de levar a cabo técnicas do networking mediante reunións individuais de demandantes con empresarios. O demandante intentará facer prospeccións sondeando as novas tendencias do mercado laboral, formación máis demandada, valoración da experiencia, as capacidades dos traballadores, etc. Neste senso, un total de 10 empresarios, durante 2 horas e de forma individual, estarán percibindo a inquietude das persoas asistentes ás xornadas para acertar na súa preparación para optar a cubrir postos de traballo vacantes”.

O director de Academia A Mariña explica que “con esta ferramenta do networking, empresarios e traballadores, abrirán unha gran porta ó coñecemento directo das necesidades das empresas, o que nos levará a aplicar unhas políticas de emprego acordes aos resultados obtidos trala experiencia destas xornadas”.

A primeira das xornadas de networking terá lugar o 9 de marzo, sábado, a partir das 12 da mañá. A esa hora desenvolverase unha breve conferencia a cargo dunha xove empresaria da zona. E ás 12.30 horas comezará o networking entre empresarios da comarca e os participantes nos talleres.

Exit mobile version