Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade sobre seguridade e riscos de Internet no IES Perdouro

IMG_1977 [1024x768]O alumnado de 4º ESO e 1º de Bach do IES Perdouro de Burela recibiron unhas charlas sobre “Privacidade, Seguridade e Riscos da Internet e da utilización de computadoras e dispositivos móbiles” impartida por Manel Mendes Ramos, ponente da Asociación Galega Xaira. O obxectivo é discutir co alumnado algunhas “ciber-Ameazas” do momento, como “ciber-acoso”, o “sexting” e a “tecnoadición”, así como ferramentas para navegar e utilizar as computadoras e móbiles de forma segura, privada e legal. Nestas sesións falouse tamén de situacións prácticas nas redes sociais máis coñecidas como tuenti e facebook ; identificouse algúns “malwares” como virus, troianos e SpyWares e de cómo protexerse deles. Ademais déronse algúns consellos de ergonomía para conseguir unha boa postura e relación ca computador.

Exit mobile version