Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcalces, concelleiros e portavoces do PP da mariña amosaron o seu apoio a un Hospital da Costa que gañará servizos e será ampliado

Burela, 21 de marzo de 2013.- Alcaldes, portavoces locais e concelleiros do Partido Popular da Mariña participaron hoxe nunha xornada informativa en relación co modelo de xestión integrada das tres áreas sanitarias lucenses que o Consello da Xunta vén de aprobar esta mañá co propósito de mellorar a atención sanitaria que se presta aos cidadáns da comarca. O encontro, presidido polo secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, contou coa presenza do portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular, o doutor Miguel Santalices quen logo de explicar as vantaxes deste novo modelo resolveu cantas dúbidas puideron suscitarse.

MENOS DESPRAZAMENTOS, MELLOR ATENCIÓN

Os representantes populares pecharon filas á hora de deixar claro á cidadanía que lonxe de desaparecer o empeorar os servizos do Hospital da Costa estes se verán mellorados. De feito, o Hospital de Costa se reforza, blindando as consultas e especialidades que existen na actualidade –ningunha delas se perderá- e incluso coa posibilidade de albergar novos servizos como os de oncoloxía ou cirurxía vascular.

Por outra banda negaron que o novo modelo supoña que a xestión do Hospital dependa de Lugo, como antes tampouco dependiamos de Santiago. De feito, o Hospital da Costa seguirá mantendo ao fronte do mesmo un xerente executivo, que xestionará un orzamento propio e verá ampliadas as súas competencias: pois ademais de dirixir o centro hospitalario farao tamén sobre todos os centros de saúde da comarca.

PSOE E BNG OS PEORES INIMIGOS DO HOSPITAL

Os populares foron especialmente críticos co papel de manipulación e confusión interesada que fan desde o PSOE e o BNG e as plataformas que a través de distintos cargos políticos controlan. Dixo que os peores inimigos do Hospital son aqueles que durante o bipartito non investiron un só euro en melloras e agora actúan con demagoxia. Lembrou ademais que os que hoxe queren abrazalo, o asfixiaron desde o goberno e foron incapaces nin tan sequera de acelerar as obras pendentes.

A AMPLIACIÓN NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

O Partido Popular en tempo de crise realizará a ampliación integral do Hospital da Costa. Sinalaron que, por primeira vez na súa historia esta frase non é un compromiso electoral senón un feito, que deu inicio nas pasadas datas coa licitación do Plan Director, do documento que dirá como vamos a ampliar este centro e coa publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

CHAMAMENTO Á CONFIANZA DA CIDADANÍA

“Os veciños da Mariña teñen que saber: Que nin se pechará o Hospital, nin haberá máis traslados ata Lugo, nin deixará de ser o centro de referencia para atender a todas as persoas que teñan problemas de saúde. Ao contrario, manteranse os servizos de neonatais e todas as especialidades. Non é lóxico que sigan enganando. O tempo dará ou quitará razóns”- concluíron os relatores.

O PP NON ESTÁ SOLO: É A FORZA MÁIS VOTADA DA MARIÑA

O Partido Popular da Mariña é a primeira forza política da comarca, feito que puido reflectirse en todos os últimos procesos electorais. A nivel local gañou en 14 dos 16 concellos da nosa comarca –incluíndo Riotorto-. Os populares teñen, polo tanto, máis votos e máis alcaldes, pero tamén máis concelleiros na Mariña ao incrementarse a cifra en 92 edís, seis máis que no 2007 e subir máis dun 10% de sufraxios. Con este aval sinalan que serán os primeiros en defender sempre o Hospital e non consentir nunca un retroceso.

Exit mobile version