Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares lamenta o falecemento do ex alcalde Vittorio Desiglioli do Concello de Cervo italiano

O Concello de Cervo quere facer públicas as súas condolencias pola morte do ex alcalde do Comune di Cervo (o Concello de Cervo italiano), Vittorio Desiglioli, que faleceu esta fin de semana aos 62 anos de idade despois dunha longa enfermidade. Desiglioli foi o rexedor do Comune di Cervo no tempo no que ambos consistorios homónimos asinaron o acordo de irmandamento. Despois de coñecer a noticia, o Concello de Cervo mariñán enviou unha mensaxe de condolencia ao consistorio italiano lamentando a morte do ex rexedor, que desenvolveu unha recoñecida labor administrativa e política nos últimos 20 anos http://www.vip.it/e-morto-vittorio-desiglioli-ex-sindaco-di-cervo-62-anni/.

O alcalde Alfonso Villares, lembrou a “excelente acollida e trato que nos dispensara tanto Vittorio como todo o consistorio cando viaxamos a Italia para asinar o irmandamento” e destacou o contacto e as boas relación mantidas dende 2007. Villares lamentou “profundamente” o seu falecemento e asegurou que “Vittorio pasará á historia do noso concello como o alcalde que fixo efectivo un irmandamento que aínda pervive”.

Exit mobile version