Site icon Crónica3.com A Mariña

Arón Couto e Gabriel Vilar do IES de Foz nun campionato de coctalería

Dous alumnos do IES de Foz, Arón Couto e Gabriel Vilar, estudantes de segundo ano do Ciclo medio de Servizos, participan no XIII Edición do Campionato de Coctalería “Xosé Rodriguez Moldes” no IES de Pontedeume. Cómpre sinalar que á cita acoden todos os centros de hostalería de Galicia. A proba consiste en elaborar un cóctel en cocteleira e outro en vaso mesturador do receitario internacional, realizando dunha soa vez tres unidades de cada un deles. Os cócteis e a orde de participación serán establecidos por sorteo previo á realización do mesmo. Só se valora a parte executiva, non a cata. O premio consiste en 350€ en material bibliográfico relacionado co mundo da Hostalería e Restauración.

Exit mobile version