Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas do CD Egovarros-Viveiro acadan catro ouros e un bronce no Campionato Galego de 10 quilómetros en ruta

Nunha tarde fresca pero sen chuvia, celebrouse o pasado sábado na localidade de Padrón, o Campionato Galego de 10 quilómetros en ruta. Ás 18:00 deuse a saída á proba cunha masiva participación de atletas de toda Galicia, sobre un circuíto totalmente chan, onde tiveron que dar dúas voltas ata completar os 10 quilómetros dos que constaba o campionato.

Os atletas do club vivairense acadaron os seguintes resultados: en W-50 Manuela Guisasola proclamouse campioa galega, a súa compañeira Francisca Romasanta tamén acadou o campionato na categoría de W-60, en W-55 Begoña de Arriba subiu ó podio na terceira posición, sendo medalla de bronce. No apartado masculino en M-65 Antonio Hernández Barreiro fíxose có campionato galego e o seu compañeiro en M-70 Antonio Cabana tamén acadou a primeira posición.

Exit mobile version