Site icon Crónica3.com A Mariña

Bares e restaurantes de San Cibrao prepararán 1.500 quilos de mexillón na festa que se celebra o 30 de marzo

festa_mexillonCervo, 15 de marzo de 2013-A conta atrás para a celebración da XX Festa do Mexillón en San Cibrao xa comezou. A dúas semanas da exaltación e degustación deste molusco, o Concello e os locais participantes deron a coñecer o cartel e os detalles desta cita gastronómica. Nesta ocasión a festa terá lugar o día 30 de marzo, unha data que varía cada ano xa que depende da celebración da Semana Santa. O que se mantén invariable é o criterio para decidir este día, sempre o sábado santo.

Esta edición contará coa participación de 14 bares e restaurantes da vila, que prepararán este molusco en distintas receitas, dende as máis tradicionais como ao vapor, cocidos, en vinagreta, en salsa, salpicón ou empanada ata as máis creativas e innovadoras, sempre sendo o sabor predominante de todas as receitas e elaboracións que se serven ese día en forma de pinchos ou racións.

O volume de quilos de mexillón que se preparará achegarase aos 1.500 nunha cita gastronómica “que tiene una gran tradición en la localidad y que es todo un acierto teniendo en cuenta que el mejillón es un producto del mar, muy habitual en nuestra alimentación, y que tienen un sabor casi universal, ya que gusta a casi todo el mundo” explica a edil de Turismo, Begoña Alonso. A concelleira considera que esta festa é un “complemento de ocio durante la Semana Santa, que pretende añadir un atractivo gastronómico a una localidad que de por si ya tiene un atractivo turístico, de forma que las dos vertientes se unen para ofrecer un destino completo para esa época vacacional”.

Ao mesmo tempo, Alonso felicitou aos hostaleiros “por mantener viva esta fiesta y por demostrar su capacidade de innovación y dinamismo al aprovechar las posibilidades culinarias del mejillón, que además de su exquisito sabor y de su precio asequible, es un producto muy saludable por sus múltiples propiedades” remata a edil.

Exit mobile version