Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia reúnese co comité executivo do PP de Mondoñedo para informar sobre propostas a levar a pleno

Mondoñedo, 20 de marzo de 2013- A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, manterá esta tarde na sede local unha xuntanza co comité executivo co obxecto de explicarlles asuntos de interese e informalos sobre propostas proclives para levar a debate plenario.

Asemade, durante a xuntanza, Candia fará balance das principais liñas de traballo que se seguiron dende o PP municipal ao longo deste primeiro trimestre de 2013, ao tempo que consensuará e atenderá as aportacións dos afiliados para ter novas propostas nas que centrarse e entorno ás que traballar.

Dunha maneira máis concreta, a voceira popular, cumprindo co seu compromiso de información, entre outros temas, referirá ao atraso ao que se está a someter a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mondoñedo, froito dun goberno local “con excesiva tranquilidade á hora de darlle solucións as demandas dos veciños”, así como “con proxectos inexistentes para esta localidade”.

Esta actitude de traballo e consenso dos populares confróntanse cunha xestión do bipartito autoritaria, que non escoita as peticións dos mindonienses nin os informa sobre as pretensións de traballo, o que está a reincidir de forma negativa tanto na localidade como nos propios veciños.

Exit mobile version