Site icon Crónica3.com A Mariña

Clemente Iglesias: “As obras na estrada Marco de Álvare-As Rodrigas foron un compromiso do 2007 e seis anos despois seguen sen desenvolverse”

Riotorto, 24 de marzo de 2013.- Logo de que no día de onte o GPP, dera conta de supostas irregularidades detectadas en varias obras da Deputación de Lugo, que suman máis de 6.5 millóns de euros, entre as que figuraba a estrada Marco de Álvare- As Rodrigas, PK 0.000/5,800, e obtendo por parte da Deputación unha resposta que nada dice, o voceiro do PP en Riotorto, Clemente Iglesias, insta novamente a Deputación de Lugo, que deixe a un lado os seus falsos argumentos, que xa ninguén os cree, e se poñan a traballar nesta estrada tan necesaria para os cidadáns.

Clemente Iglesias lembra que as obras desta estrada foron adxudicadas no ano 2007 e que foi en novembro de 2010 cando se resolve o contrato por iniciativa da empresa por demora no prazo para subscribir a preceptiva acta.

“É aquí cando se suspende a iniciación da obra por prazo superior a seis meses por parte da administración”-lembra o popular, quen engade que “a obra adxudícase novamente en febreiro de 2011 con outra empresa, cun prazo de execución de seis meses”.

Continúa o popular afirmando que é en agosto de 2011 cando a Deputación paraliza as obras novamente.

“O organismo provincial argumenta nesta ocasión que non dispoñía dos terreos e bens necesarios para desenvolver a obra” manifesta Iglesias, quen engade que o 24 de agosto de 2011 aprobouse na Xunta de Goberno o proxecto de modificado de obra.

Afirma o voceiro do PP que antes das eleccións autonómicas, reanudáronse as obras, volvéndose a paralizar pasados os comicios, e tras a ampliación do prazo por solicitude dunha prórroga por parte da empresa é na Xunta de goberno deste pasado venres, día 22 de marzo de 2013, cando volven a resolver o contrato novamente.

Clemente Iglesias, mostra a súa preocupación e manifesta que a Deputación de Lugo debería aclarar se as certificacións feitas nesa obra están pagadas e se se axustan as unidades de obra executada (posto que era un compromiso do ano 2007 e estamos no ano 2013 e aínda non se levou a cabo).

Esta preocupación é compartida polo GPP, quen fará os trámites oportunos, xa que poderíase estar a falar, por información que se lles acerca, dunha situación semellante a do concello de Monterroso (situación denunciada polo rexedor socialista).

Clemente Iglesias tacha de tomadura de pelo estas actuacións por parte da Deputación de Lugo, posto que é un compromiso adquirido no ano 2007 e en pleno ano 2013 a estrada continúa sen desenvolverse e lembra que os populares xa solicitaron á Deputación que proceda, de xeito inmediato, á licitación das obras co obxecto de que se reanunden canto antes para que os veciños desfruten do acondicionamento deste vial.

Exit mobile version