
O proxecto didáctico de Regal Xunqueira en Viveiro tivo varias actividades escolares nestas últimas semanas. Primeiramente co CEIP Santa María do Valadouro, e posteriormente co Lois Tobío de Viveiro. Os nen@s inícianse na cerámica, creando as súas propias figuras modelando coas mans. Ademais, comprenden que o barro é un ingrediente fundamental para a creatividade, que esta arte atópase presente en tódalas civilizacións e que tanto pola súa banda artesanal como pola súa calidade como material pódese atopar en tódolos ámbitos da vida, desde os máis domésticos ata naqueles nos que se desenvolve a tecnoloxía máis vangardista. Esta tempada estivo dirixido aos centros de ensino un programa no que os escolares visitan o taller, museo da cerámica, museo do coiro, a exposición “Dende Mañá” de Jaime Oroza e Otero Regal.