
Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela. O xurado do concurso dos V Encontros de Banda Deseñada na Mariña reuniuse para comezar a valoración das obras participantes nesta quinta edición. Os organizadores dos Encontros queren destacar a calidade dos traballos presentados e tamén a súa cantidade. É salientable que nesta ocasión a procedencia das distintas creacións é moi diversa: Portugal, Arxentina, etc. O fallo do xurado terá lugar o próximo luns 18 de marzo no IES Perdouro.