Site icon Crónica3.com A Mariña

Constitúese Anova en Ribadeo

Dentro do seu plano de expansión e consolidación da nosa organización ven de constituírse na vila de Ribadeo un grupo promotor integrado por varias persoas que decidiron dar o paso de integrárense na nova organización asemblear nacionalista e de esquerda que é ANOVA.

Así continua a implantación na comarca da Mariña que se viu grandemente incrementada tras os magníficos resultados da campaña electoral das autonómicas nas que a coalición Alternativa Galega de Esquerda, impulsada por ANOVA, obtivo uns magníficos resultados que auguran unha nosa forte presenza nun futuro inmediato.

En datas próxima haberá unha comparecencia pública para dar a coñecer aos integrantes e os seus plans de traballo, así como un acto político de relevancia sobre o noso proxecto nacionalista en Ribadeo.

Exit mobile version