A base de privatizacións, recortes e despedimentos de traballadores e traballadoras sanitarios e non sanitarios, a nosa Sanidade está deixando de ser universal, -moitas persoas, sobre todo inmigrantes irregulares, non teñen xa unha cobertura sanitaria completa-, gratuíta, -pagamos máis polas receitas, incluso os pensionistas, e ademais queren cobrarnos un euro por receita-, e de calidade, -menos persoal, menos camas e menos medios.
Aquí na bisbarra de A Mariña de Lugo queren centralizar a xestión do noso hospital en Lugo, o que o goberno do PP chama Xestión Integrada significaría recortes presupostarios, perda de autonomia e decisión, recortes en persoal e medios materiais co consabido peche de camas.
Peche de servizos hospitalarios e perda de especialidades, privatización dos servizos de cociña, servizos e subministros, aumento das listas de espera tanto en cirurxía como en consultas, merma da calidade asistencial e como consecuencia un deterioro do Hospital de A Mariña que quedaría relegado tanto en servizos como en calidade. Isto supón unha Sanidade peor e máis cara, -a Consellería de Sanidade non soubo dar nin unha soa razón para desmentilo, ante a oposición masiva de sanitarios, usuarios, Colexios Profesionais…, e o enriquecemento dunha serie de empresas privadas -, Capio, Ribeira Saúde, UPS, …-, con moitas conexións con políticos ou os seus familiares.
Non podemos permitir que coa escusa dunha crise-estafa nos arrebante os nosos Servizos Públicos, os nosos dereitos laborais e o diñeiro público para entregarllos aos bancos e empresas privadas con ánimo de lucro.
¡¡¡A Sanidade é un dereito, non un negocio!!!
¡¡¡Por unha Sanidade 100% Pública, Universal, Gratuíta, de Calidade e con Control Social!!!
¡¡¡Xuntos podemos!!!
Alfonso Otero Regal