Site icon Crónica3.com A Mariña

Duelo en Terceira División, na pista dun perseguidor laranxa

A 25ª xornada de Terceira transportará os efectivos do Burela FS Pescados Rubén á pista do Ventorrillo, perseguidor dos laranxas; o encontro está programado para as 20.00 horas.

Os laranxas xa esqueceron a cita atípica da semana pasada, na que reinou a incomodidade, ante o pechacancelas, o CAFyD (1-1). Atópanse na terceira praza (46 puntos) e buscarán recuperar a positividade para non descolgarse do podio, nunha xornada moi propicia para os intereses dos da Mariña, con duelo no cumio; o Pazos Borbén, segundo (49), recibirá o líder indiscutible, O Esteo (58).

O Burela FS B tamén deberá gardarse do IES Coruxo (44), que recibirá o Eypar no fondo da táboa.

Na primeira volta, os tres puntos subiron á cuadrícula do Ventorrillo (4-6).

Aarón será a única baixa nas filas burelistas, que continúa a recuperación dunha escordadura de nocello. Brais chegará a cita con molestias.

Exit mobile version