Xa non teño memoria de como funciona iso de ir a un medico particular, pero meu amigo Manolo refrescoume a memoria, cando me contou o que lle pasou. Estes días foi ó medico de cabeceira, e este mandouno á consulta do especialista a Burela e tocoulle para case o mes de setembro, así que pediu vez a un medico particular e previo pago de oitenta euros puxo en vías de curalo, o menos non ten que pasar dolor ata o fin de agosto.
Estas dúas historias son a realidade de canto nos esta a pasar. A privatización so dará beneficio a quen é titular dela, e ganara os cartos ofrecendo pouco, e barato para non ter que gastar os cartiños que lle ten que pagar o estado polo servizo que dá (ou non dá) e posiblemente a ter moito coidado de cobrar menos do que antes gastaba o estado en dar o servizo que el presta, para así xustificar que o privado é mais barato pero non conta que para el ter pingües beneficios necesita eliminar servizos os pacientes. Unha forma elegante de desfacerse de pacientes “queixicas” que non somos mais ca iso, uns gastadores de recursos do estado, xa que eles non son así, eles, van a médicos particulares porque sempre teñen un bo soldo que llelo permite, e non como os parados e xubilados que non facemos mais que pedir.
Xa sabemos que ó Hospital da Costa o noso hospital de Burela, ha pasar a depender de Lugo porque ademais esta demostrado que morre tanta xente na estrada como da gripe e cada morto e un problema menos, xa que se supón que aqueles que temos que ir curarnos a Lugo somos pertencentes os 5 millóns de parados ou os xubilados ou os dependente de estes, xa que os que manexan o cotarro predican co exemplo e van ó medico particular, o pe da súa casa. Pero cumpriran o que din, deixaran os servizos no Hospital da Costa e incluso ampliaranos, mais aínda, falase de que renovaran os servizos, con utensilios marca Roca, para usalos mentres esperamos que nos dean quenda, pero para poñerse o termómetro teremos que ir a Lugo.
A mellor maneira de solucionar este desastre é que as listas electorais sexan abertas, que se atrevan a darnos unha lista de nomes, de xente da cidade e que o cidadán marque o nome de quen el queira, e ese señor respondería ante o seu electorado, non ante o seu partido. A metade dos males habíanse de acabar, e se ademais modificamos algunhas leis sobre o comportamento moral da clase política, mellor que mellor, pero mentres tanto teremos que vivir entre imputados.
Deus nos protexa se un día, algún dos que se suicida polo que esta pasando, antes de irse, decide levar compañía, entón os medos aceleraran os remedios.
Pero non nos esquezamos, os culpables somos os que temos o voto na man.
O político non é culpable, o culpable é quen o puxo no poder co seu voto.
Xosé Ruiz Leivas