Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do coro do IES de Foz

2013 03 03 015A “aula coral” do IES de Foz obtivo un grande éxito en Llanes. Unha experiencia que tildan de moi positiva e produtiva para o alumnado. O concerto do pasado domingo, dado no Casino de Llane, gustou ao público. A idea de levar cancións con xestos (canción “Siyahamba” ) como a que se interpretou conxuntamente co coro “Voces Blancas del Nalón” levantou das súas cadeiras ao público presente. A acústica do local e o espazo tamén contribuíron ao éxito. O centro foi eloxiado polo alcalde e concelleiro de Educación de Llanes. Oscar Allén, director do coro asturiano, quedou moi contento coa técnica e afinación que demostran. O coro do IES de Foz está dirixido por Fernando Allén, profesor de música, e Juan Santaeufemia ao piano.

Exit mobile version