Site icon Crónica3.com A Mariña

Gabriel Galante, do Castelarco, baixa do terceiro ao oitavo posto en Madrid

SONY DSCFinalizado o primeiro encontro da 4ª Liga Nacional de Cadetes celebrada en Madrid, ao que acudiu o noso mozo arqueiro Gabriel Galante Briones, competindo na modalidade de arco recurvo, e na categoría de Cadetes aínda sendo infantil, tivo que lidiar cunha nova distancia. Os encontros disputáronse a 60 metros en diana de 122 centímetros.

O sábado pola tarde comezaba o campionato coas series clasificatorias; na primeira serie Gabriel encontrábase pletórico, de feito na súa primeira tanda de frechas logrou unha puntuación de 59 (só fallou unha frecha do 10). Tras finalizar a serie, situábse segundo detrás de Alejandro Costa Cardona da Federación Balear (326 puntos sobre 360 máximos), cunha puntuación de 313.

Tralo descanso empezaron os fallos; soltas erróneas, e a acumulación do cansanzo empezou a notarse en Gabriel que finalizaba a segunda serie colocándose na terceira posición (303 puntos) cun total acumulado de 616 puntos, unha puntuación interesante, xa que é a súa primeira participación nesta distancia. O adestrador e seleccionador nacional, o coreano Hyunymok Cho, felicitouno polo resultado obtido e pola excelencia técnica de Gabriel, animándoo a que seguise adestrando; xa que lle falta fondo físico para aguantar as esixencias do Campionato.

O domingo pola mañá celebráronse os enfrontamentos. Gabriel é un dos que fan pase directo a cuartos de final. Os eu primeiro enfrontamento é contra Francisco Javier López Hernández da Federacion Murciana. Gabriel non exterioriza o seu nerviosismo, pero apréciase nos resultados que nada teñen que ver cos lanzamentos que fixera momentos previos nas sesións de quecemento nos que se saía do 9. A falta de concentración fan que os resultados cada vez foran peores chegando algunha frecha ao 6 que o afasta de continuar na competición retrocedendo do terceiro ao oitava posto na clasificación final.

O próximo encontro será tamén no campo de tiro da Real Federación Española de Tiro con Arco en Madrid o 13 e 14 de abril. Deberemos agardar ata esa data para ver se é capaz de auto superarse como é habitual nel.

Exit mobile version