A Liga cadete desenvolverase por medio dunha clasificatoria seguida da serie Olímpica para cadetes en arco curvo e da Serie de Encontros para cadetes arco composto. Tanto na clasificatoria coma nas eliminatorias, os cadetes de arco recurvo tirarán a 60 metros.
Esta competición é a primeira de tres da que sairán a selección de deportistas que poderán participar nas saídas internacionais de Categoría Júnior e Cadete. Para o que os mesmos obtiveron as puntuacións mínimas de referencia fixadas pola Federación Nacional (650 puntos sobre 720 máximos para a categoría de cadetes). No caso de que non se realicen as puntuacións mínimas de referencia nas probas clasificatorias determinadas para iso, o corpo técnico determinará a asistencia ou non dos arqueiros a esa proba, podendo elixir arqueiros con menor puntuación que outros nos clasificatorios (sempre que non se obtivera a puntuación mínima) ou deixando vacante a praza ou prazas.
Terán preferencia para o corpo técnico aqueles arqueiros de recurvo que naceran nos anos comprendidos entre 1997 e 1999, xa que o Campionato do Mundo (a celebrarse a finais de outubro en China) é ademais clasificatorio para os XX.OO. da Xuventude e só os deportistas nacidos neses anos son os que poderán participar no Torneo Preolímpico.
Gabriel nacido en 1999, estaría dentro do criterio enunciado anteriormente; polo que se atopa ilusionado e traballa duramente (polas mañás realizando traballo físico antes de ir ao Instituto e polas tardes practicando técnica). É un dos favoritos a entrar no equipo nacional, xa que desde a súa estancia no Centro de Alto Rendemento de Madrid no mes de novembro, o adestrador e seleccionador nacional, o coreano Hyunymok Cho; se fixou nel pola súa calidade técnica.No caso de entrar no equipo nacional, Gabriel cumpriría un dos seus obxectivos: poder competira nivel internacional e, quizás, ser olímpico.