O “Bacallao ao pilpil de ourizo” de A Bodega fíxose co primeiro premio do XII Concurso Gastronómico da Festa do Ourizo de Cervo no que os cociñeiros Pepe Solla, Pepe Vieira e Pilar Martínez “Pilar Lechuza” e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, actuaron como xurado. O primeiro premio está dotado con 90 euros, mentres que o segundo, que recaeu na Pizzería o Trasgo por “Champiñón recheo de ourizo”, recibe 60 euros. A Cafetería CIT, pola súa parte, fíxose coa terceira posición e os 30 euros deste premio por “Ommelette enrolada de ourizo con algas”. Todos os premiados levaron ademáis unha figura conmemorativa da XXII Festa do Ourizo.